jueves, 13 de diciembre de 2012

Espacio destinado a MORENO LOPEZ.

O profesor gaditano Eduardo Moreno López (Cádiz, 1870/ Ourense, 1911) deixou unha pegada profunda na sociedade ourensá de comezos de século XX tanto pola súa calidade profesional coma polas súas profundas conviccións políticas e sociais. O IES OTERO PEDRAYO membro da REDE MUPEGA inaugurou unha espléndida exposición monográfia arredor da vida e obra deste ilustre profesor e excepcional cidadán. Comisariada polo profesor David Cortón, a mostra percorre a través de didácticas láminas e dunha coidada selección de textos, a apaixoante tarefa docente e a súa entusiasta obra social. A exposición cumpriméntase coa edición similar de tres pequenos opúsculos do autor, editados con coidado e gusto pola Organización.

No hay comentarios:

Publicar un comentario